Ruth Matilda Anderson no Hotel Suízo

Rúa do Cardeal Payá, 18
[3/256]
  • Ruth Anderson e o Hotel Suizo

É case invisible a pegada de Ruth Matilda Anderson en Compostela, mais non o seu traballo documental e etnográfico sobre a realidade das mulleres en vilas e aldeas galegas na década dos anos vinte. 

A fotógrafa norteamericana Ruth Matilda Anderson, unha pioneira do seu tempo, visitou Galicia en varias ocasións ao longo da década dos anos vinte enviada pola Hispanic Society of America.

A muller galega tivo unha influencia definitiva na visión que Ánderson obtivo sobre o ámbito rural. Eran unhas informantes privilexiadas, xa que o escenario das súas imaxes desenvolvéronse primordialmente nesta contorna, na contorna das poboacións secundarias, das pequenas localidades, sobresaíndo as figuras femininas. 

Destacou por ser unha fotógrafa documental e etnográfica. Durante os meses da estancia en Galicia, Ruth revelaba os negativos nun laboratorio de campaña improvisado no propio cuarto do hotel ou da pousada onde paraba, como no Hotel Suízo en Compostela. Para as fotografías en cor, sempre de traxes rexionais e realizadas a plena luz do sol, dada a baixa sensibilidade das emulsións, enviaba as placas a procesar aos Estados Unidos. Os negativos en branco e negro, unha vez revelados e clasificados, tamén eran expedidos por lotes á Hispanic Society. 

No ano 2011, a Sede Afundación Santiago de Compostela acolleu unha exposición itinerante da obra da fotógrafa que levou por título 'Ruth Matilda Anderson: Unha mirada de antano'.