Programa Abramos o círculo

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia / Rúa da Espiñeira, 10 / Tel.: 981 534 049
[3/6850]
  • Obradoiro Abramos o círculo

É un programa dirixido a homes que de forma voluntaria desexan mudar a súa situación e eliminar a agresividade na súa relación coa familia e en especial, coa súa muller.É un programa desenvolvido a través dun convenio de colaboración entre a Vicepresidencia de Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Abramos o Círculo artéllase cunha rede integrada por 75 psicólogas e psicólogos diseminados por toda Galicia. Traballan con dous obxectivos: por unha banda, previr a violencia de xénero e, pola outra, ofrecer atención e terapia a aqueles homes que queiran aprender a resolver conflitos sen violencia e a comunicarse dun xeito máis adecuado coa súa familia, e en particular, coa súa parella.

Poden acceder a este programa homes con problemas de control da violencia que, de forma voluntaria sin ser penados, desexen:

  • Aprender a resolver conflitos sen violencia e a comprender a natureza da violencia.
  • Aprender a comunicarse mellor.
  • Relacionarse coas mulleres con respecto e igualdade.
  • Educar os seus fillos e fillas en igualdade.
  • Asumir hábitos positivos de relación e convivencia.

Contémplanse dez sesións de asistencia psicolóxica individualizada, ampliables co consentimento da persoa coordinadora do Programa e a autorización da Secretaría Xeral de Igualdade. Garantindo unha atención psicolóxica entre as 24 e 48 horas dende o momento da demanda