Praza 8 de marzo

Praza 8 de marzo / Praza Porta do Camiño
[3/6903]
  • praza 8M

No ano 2004, Mulheres Nacionalistas Galegas propuxo no Consello Municipal da Muller que se nomease na cidade unha Praza do 8 de marzo. A instancia presentada ao Concello de Santiago insitía en que fose un lugar céntrico que garantira o protagonismo das mulleres lonxe dos modelos de nomenclátor que adoita asignarlles o patriarcado. 

Co apoio doutros colectivos de mulleres na cidade, a insistencia no Consello Municipal da Muller fixo que a proposta fose finalmente aprobada nun Pleno da corporación en novembro de 2007.

Desde ese momento, a Praza 8 de marzo converteuse no punto de encontro para os actos convocados polo movemento feminista da cidade. É onde converxen as convocatorias cada vez que se produce un asasinato machista en Galicia e tamén as concentracións arredor do 8M, do 25N ou do dereito ao aborto.

Tamén é un lugar estratéxico para o Barrio de San Pedro dada a súa situación ao carón da Rúa de San Pedro, onde se organizan mercados, concertos...