Pensión Mafer B&B

Rúa do Hórreo, 22. 2º / Tel.: 981 584 322
[3/237]
  • Hotel Mafer

Fai cinco anos que Carmen e Rita inauguraron a Pensión Mafer B&B, un hostal con personalidade propia e trato exquisito onde poder gozar con plenitude de Compostela. 

A Pensión Mafer B&B distínguese pola variedade dos seus cuartos, de diferentes cores, e nos que o branco ten un papel protagonista: o da comodidade e o relax. Os almorzos poden volverse experiencias únicas tanto polos doces e biscoitos que fan a diario como pola compaña de viaxeiras curiosas ou peregrinas de alén do mar. 

As promotoras de Mafer B&B son dúas mulleres comprometidas coa igualdade e co recoñecemento do papel das mulleres nun sector como o da hostalería, no que elas mesmas teñen moito que achegar. É por iso que este equipamento hoteleiro está especialmente recomendado para mulleres que desexan habitar nun lugar adaptado ás súas necesidades.