Pensión Libredón

Praza de Fonseca, 5. 15705 / Tel.: 981576520
[3/7100]

O noso establecemento está situado na Praza de Fonseca, unha das máis fermosas e emblemáticas da cidade delimitada pola Rúa da Raíña e a impoñente fachada do Pazo de Fonseca. Atopámonos moi preto da Praza do Obradoiro e de todos os puntos de interese cultural, turístico e de ocio da cidade. A maioría dos nosos cuartos teñen vistas á Catedral, Rúa do Franco e Praza de Fonseca.

O salón de recepción é o punto de encontró para as persoas que se hospedan con nós. Aquí comparten as súas experiencias acompañadas de froita fresca, galletas e infusións variadas de cortesía.

Desde Pensión Libredón apoiamos o proxecto Compostela, territorio das mulleres, pioneiro en identificar as necesidades prácticas e estratéxicas das mulleres na nosa cidade.