Oficina de Igualdade de Xénero da USC

Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 / Tel.: 881 811 310 - 881 811 309
[4/257]

O compromiso social da USC co principio de igualdade de xénero levouna a ser unha das pioneiras na creación da Oficina de Igualdade de Xénero (OIX) en 2006.

A USC conta cun II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes  (aprobado en  Consello de Goberno do 16 de decembro de 2013), cunha vixencia de cinco anos.

As áreas de actuación do Plan son as seguintes:

1. Políticas da USC: visibilización e compromiso institucional coa igualdade e a transversalidade de xénero nas súas actividades.

2. Formación, docencia e investigación: incorporación da perspectiva de xénero na docencia e na investigación.

3. Presenza, promoción e representación: promoción da igualdade de oportunidades na traxectoria laboral do persoal da USC, e a presenza e participación equilibrada nas titulacións e órganos de goberno.

4. Conciliación e corresponsabilidade: fomentar a corresponsabilidade e facer valer o dereito á conciliación.

5. Acoso e actitudes sexistas: Elaboración dun protocolo de prevención e actuación, formación e sensibilización contra a violencia de xénero.

6. Condicións sociosanitarias no traballo: incorporación da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais