Oficina Central de Información de Turismo de Santiago

Rúa do Vilar, 63 / Tel.: 981 555 129
[3/7029]
  • Oficina de turismo

A oficina de información turística informa ás persoas que visitan Santiago dos múltiples atractivos de Compostela e das diferentes opcións culturais e de lecer coas que se pode gozar na cidade. A plantilla, composta na súa maior parte por mulleres, presta, ademais, información especial sobre as opcións que a cidade ofrece ás turistas, peregrinas e visitantes, como as actividades que se desenvolven en cada momento dentro do programa municipal Compostela, Territorio das Mulleres. Ademais, aquí pódese adquirir o Mapa Feminista de Compostela, no que se destacan os lugares relevantes no relato histórico das mulleres de Santiago.

Finalmente, a oficina sirve como lugar de intermediación ante as administracións competentes para as queixas que poidan ter as persoas que visitan a cidade en xeral, e as mulleres que reciban algún tipo de trato discriminatorio en particular. O servizo de información turística complétase cun Punto de Información Turística situado ná área de chegadas do Aeroporto de Santiago. A Oficina Central de Información abre todo o ano e o Punto de Información Turística de maio a outubro.