O Celme do Caracol

Rúa da Raíña, 18 / Tel.: 981 571 746
[3/7143]
  • concerto no Celme do Caracol

O Celme do Caracol é un restaurante situado en pleno casco histórico compostelán, na coñecida rúa da Raíña, qe vén de celebrar os seu décimo aniversario de existencia en Santiago. O negocio, dirixido por Germán González, singularízase polo seu compromiso coa igualdade. Así, un 75% por cento dos membros do seu cadro de persoal fixo son mulleres e tamén son principalmente mulleres as empregadas que se incorporan en tempadas extraordinarias de traballo. O restaurante colaborou xa na iniciativa “Compostela en negro”, promovida o pasado mes de novembro polo Concello de Santiago para denunciar a violencia contra as mulleres.

A amizade,  o agarimo e a confianza cocíñanse a lume lento, como os máis suculentos pratos. Un cuarto de século  foi dabondo  para engaiolar os padais máis esixentes, para encher os corazóns dos arrecendos máis arraigados e para acercar a felicidade ás mentes máis confusas. A Fórmula Esclavita perdura cos anos. Unha fórmula que bebe da tradición, do autóctono e que sobre todo desprende pura e sincera empatía. Todo elo cunha presentación delicada e actual aderezada cos mellores produtos da terra e do mar, cun recetario coidado con esmero e paixón desde que Germán e Esclavita se lanzaron a cociñar amor e a servir agarimo. O Celme do Caracol abraza e mantén estes principios cun novo proxecto. Unha nova andaina na que dar a coñecer os produtos galegos será unha das súas premisas, e mergullar as comensais en cada unha das tempadas que ofrece Galicia, todo un reto. Porque a intención de O Celme non é outra que agasallar coas grandes esencias do país, de distribuir experiencias inesquecibles e, sobre todo, compartir amor a través da cociña.