NH Collection Santiago de Compostela

Avenida Burgo das Nacións s/n / Tel.: 981 55 80 70
[3/213]

En NH Collection Santiago de Compostela as instalacións de lecer son de pimeiro nivel e inclúen un moderno ximnasio totalmente equipado e dúas piscinas de augas cristalinas. Dispoñemos dunha oferta de servizos que denominamos como "Brilliant Basics", que se compón de colchóns deseñados exclusivamente para o HN Hotel Group; gran variedade de almofadas, ducha efecto chuvia; cafeteiras Nespresso e teteira; televisores  LED 46"; WI-FI de 1 Mb e fácil acceso;  amenities exclusivos para mulleres, secador de pelo profesional e espello de aumento.

NH Hoteles conta cun Plan de Igualdade, con medidas específicas nas áreas de acceso á empresa, contratación, promoción, formación, retribución, conciliación, saúde laboral, comunicación e sensibilización, a través do que se manifesta o noso compromiso coa igualdade de xénero. Ademais, o documento establece unha serie de regras para garantir a protección das mulleres vítimas de violencia de xénero: dar prioridade á súa contratación, facer un seguimento dos casos de violencia de xénero que xurdan así como das medidas adoptadas, e informar ao cadro de persoal dos dereitos das mulleres nesta situación.

En NH traballa un 59,65% de mulleres, das que o 50,4% son directivas.