María Cardarelly, a primeira fotógrafa de estudo en Galicia

Rúa do Hórreo, 26
[3/7125]
  • Rosalía de Castro por María Cardarelly

María Cecilia Cardarelly Bousquet, filla de tintureiros franceses chegados á Santiago de Compostela en 1854, exerceu na cidade como fotógrafa profesional sendo a primeira muller que así o facía en Galicia ata o momento. Así o demostran recentes investigacións que revelan que dende 1854 e durante tres anos mantivo o seu negocio no número 26 da rúa do Hórreo, no que era o domicilio da familia, contando con apenas 19 anos. Foi este un corto período de tempo do que só se conservan tres retratos, nembargantes, isto non impediu que entre eles se atopara o da máis trascente lilterata galega de todos os tempos,  Rosalía de Castro.

As pesquisas tratan de descifrar esta vocación temperá da artista compostelá que non veu da man do vínculo familiar ou sentimental con ningún home fotógrafo, quen naquel tempo eran excluivos posuídores dos coñecementos e chaves desta nova profesión. Porén, as posibilidades apuntan a un posible contacto con familiares paternos asentados en París como fotógrafos, puidendo ser alentada polo seu pai durante o proceso.

A fotografía de Rosalía de Castro, probablemente foi tomada arredor de 1865, sendo parte do fondo da Real Acadamia Galega. Nembargantes, recentemente foi achada unha segunda fotografía nun papel incorporado a un exemplar de “Cantares Gallegos”, con nota manuscrita da propia autora no reverso, que presenta unha lixeira diferenza coa anterior ao non estar situada frontalmente e levar pendentes. Chama atención o xeito no que en ambos retratos se reflicte a psicoloxía da autora, sendo reveladores do seu ensoñamento e espiritualidade.

Despois do traslado da familia en 1866 a Ferrol, María Cardarelly non continuaría coa súa ocupación posiblemente debido á falta de oportunidades. Pouco tempo despois casou con Juan Velasco, pintor madileño, e tivo unha nena. Lamentablemente ambos finaron prematuramente, situación de desvalemento ante a cal volvería casar con Antonio Pérez, enxeñerio militar, quen posteriormente morreu en Flilpinas. María pasou o resto dos seus anos vivindo modestamente coa súa nai, ata que no ano 1910 abandona de xeito definitivo Galicia para trasladarse a Madrid, á idade de 65 anos.

A seguinte fotógrafa do país, Antonia Santos, non aparecería ata aproximadamente 1872 na Mariña, tempo despois de que nun pequeno estudo da rúa do hórreo, María Cardarelly, aínda que durante un perdíodo breve, se convertira nun exemplo precoz e trascendente da instauración da fotografía en Galicia.

Fonte: Sermos Galiza, Carlos Castelao. 

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/pioneira-da-fotografia-gali...

Fotos: RAG (a da dereita) e Fundación Rosalía (a da esquerda).