La Flor

Rúa das Casas Reais, 25 / Tel.: 981 556 344
[3/153]
  • Bar La Flor

En La Flor podes gozar coa cociña de Ana, coa amabilidade de Manuel, coa conversa de Sandra ou coa perfección de Rafa. Nun espazo que esperta todos os sentidos contas con literatura e prensa moi variada, arte en teitos e paredes, personalidades diversas entre panos de algodón e flores de verdade...

La Flor conta cunha carta variada, para todos os gustos e sabores, desde o mediodía ata a noite pechada. Cremos na diversidade, promovemos espazos de encontro e participamos de inciativas que sitúan a Compostela no mapa.

En La Flor queremos deixar de convivir coas violencias de xénero, apostamos por festexar en igualdade aqueles acontecementos máis importantes das nosas vidas: aniversarios, boas novas, festas do barrio, cea de amigas...é por iso que nos sumamos a 'Compostela, territorio das mulleres', para facer da nosa cidade un lugar mellor para todas as mulleres e tamén mellor para toda a cidadanía.