Hotel San Miguel

Praza de San Miguel dos Agros, 9 / Tel.: 981 555 779
[3/153]
  • foto Hotel San Miguel

Situado nun dos lugares máis silenciosos do casco antigo, o Hotel San Miguel combina a simplicidade da pedra dos seus arredores cun deseño interior moderno, pero acolledor, creando un espazo onde a hóspede se sente protagonista dunha obra creada especialmente para ela. O centro histórico é peonil e restrinxido a vehículos. Situado á beira da igrexa de San Miguel dos Agros, que dá nome á praza, e fronte á igrexa e mosteiro de San Martiño Pinario, a catedral sitúase a a 150 metros.

A combinación dun tratamento persoal, a atención aos detalles e á calidade no servizo nun entorno único, fan que o Hotel San Miguel, sexa o lugar ideal para gozar da estadía en Compostela.

A cociña de "O Tragaluz" é o espazo que temos reservado para as persoas amantes da boa comida. Situado dentro do hotel, a visitante atopará un concepto de cociña renovada e enriquecida, pero que respecta a esencia da cociña de antano.

A fachada do edificio de cinco andares, data de 1912, aínda que o piso baixo é do S. XV. Ten un amplo e moderno ascensor. Tamén conta cun recollido xardín interior Feng Shui no primeiro andar ideal para o relax e o goce dunha boa conversa.

Cada un dos 17 cuartos ten unha vista única, porque todo o hotel está rodeado por edificios barrocos, neoclásicos e vangardistas.

A decoración dos cuartos caracterízase por liñas limpas e sinxeleza na forma, madeiras nobres conxugadas con algodón e liño. Algúns cuartos teñen unha galería privada, e todos dispoñen de Wi-Fi, minibar, pantallas de televisión LED, caixa forte, secador de cabelo e amenities.