Hotel Rúa Villar

Rúa do Vilar, 8-10 / Tel.: 981 51 98 58
[3/7063]

O Rúa Villar establécese sobre unha antiga casa señorial do século XVIII, convertida en hotel familiar no ano 2004. Daquela época aínda se conservan elementos orixinais como as vigas de madeira ou o impresionante lucernario que enche de luz e cor o interior do hotel. Así mesmo, nas instalacións, poderá gozar da galería de arte permanente, con obras orixinais de reputados artistas españois como Miró ou Tàpies. No hotel, cóidanse todos os detalles, desde a elección do mobiliario ata o enxoval téxtil co fin de proporcionar unha estancia única e cómoda a todas as clientas, xa veñan soas ou acompañadas. Un lugar seguro e tranquilo onde descansar e gozar da cidade.