Hotel Real

Rúa da Caldeireria, 49 / Tel.: 981 569 290
[3/6982]
  • Hotel Real

En plena rúa da Caldereiría, o Hotel Real abre as súas portas a un mundo de sensacións e experiencias nas que os tellados de Compostela son os protagonistas. Carmen e Rita trasladaron a ilusión da Pensión Mafer B&B a este hoteliño con encanto situado na zona vella, a escasos metros do Mercado de Abastos e do rueiro máis activo da cidade. 

Lugar de morada de diferentes mulleres artistas que pasaron por Compostela, o Hotel Real  caracterízase por ser un establecemento ao que sempre se volve logo da primeira vez. Foi un dos establecementos participantes na campaña 'Compostela en negro' contra a violencia de xénero e está sendo un dos equipamentos motores de 'Compostela, territorio das mulleres'. Será porque Carmen e Rita apostan pola igualdade como factor de calidade e tamén como valor engadido dentro do equipo de traballo que fai posible o Hotel Real.