Hotel Pazo de Altamira

Rúa Altamira, 18, 15704 / Tel.: 981 55 85 42
[3/166]
  • hotel altamira

Un pequeno hotel con encanto ideal para gozar da vida na zona histórica de Santiago, soa, en parella ou entre amigas, situado xunto á Praza de Abastos. Construido sobre o antigo Pazo de Altamira, o edificio está rehabilitado cun estilo funcional e contemporáneo. Un hotel de 3 estrelas co distintivo Q de Calidade Turística, perfecto para descansar e gozar dunha estancia con todas as comodidades, un trato excelente e unha ubicación idónea para explorar a vida en Compostela. Cuartos adaptados ás túas necesidades con amplas vistas desde balcóns e galerías que miran cara o oeste de Santiago, sobre os tellados da cidade e co monte Gaiás ao fondo.

O restaurante do hotel ofréceche a oportunidade de somerxerte na vida local e saborear a cultura e a gastronomía galega cunha interpretación actual. 

O hotel dispón de garaxe concertado, é accesible para persoas con mobilidade reducida e ofrece servizo de despertador, lavandería e prensa personalizada. Tamén ofrece transfer ao Aeroporto de Lavacolla e organización de excursións.

No Hotel Pazo de Altamira mímanse todos os detalles para facer da estancia unha experiencia excelente na que empaparse de todo o sabor da Compostela histórica e da contemporánea. Un lugar perfecto para rematar ou comezar un novo camiño, un lugar para deixarte mimar pola profesionalidade dun equipo de mulleres que coidan todos os detalles.