Hotel Costa Vella

Rúa da Porta da Pena, 17 / Tel.: 981 569 530
[3/223]
  • hotel costa vella

Aloxamento con encanto e singular terraza urbana situado nunha das portas que daban entrada á cidade medieval. A privilexiada ubicación proporciona grandes vistas desde as típicas galerías de madeira e cristal. Catorce cuartos de distintas tipoloxías que conservan o carácter da arquitectura local de Santiago.

O espazo máis característico é a popular terraza comunicada coa rúa por un portalón único na zona vella. Vellas maceiras, limoeiros, magnolios e un tradicional emparrado adosado á muralla medieval crean un oasis urbano ao redor da fonte e un escenario ideal para almorzos tranquilos ou tardes de vagar entre amigas.

A terraza e a cafetería están abertas a toda a veciñanza.