Hotel Carrís Casa de la Troya

Rúa da Troia, 5, 15704 / Tel.: 981 55 58 79
[3/134]

A súa perfecta ubicación permitirache recorrer a cidade tranquilamente a pé, vivindo en primeira persoa a súa cultura, historia e tradición. Ademais, estarás a escasos metros dun dos monumentos relixiosos máis importantes do mundo: a Catedral de Santiago de Compostela. 

O seu deseño moderno convive coa tradicional pedra compostelá. Desde algúns cuartos poderás gozar dunhas vistas privilexiadas á catedral. Sen dúbida, un descanso confortable para facer da túa estancia en Santiago unha experiencia única, tanto se viaxes por lecer como por traballo. 

O hotel dispón de tres tipos de cuartos, os Basic Room, moi cómodos e ideais para estancias curtas, escapadas de fin de semana e viaxes de traballo; os Carrís Room, para que poidas descansar nun ambiente agradable, con todo o necesario para que non teñas que preocuparte de nada; e os Superior, moi luminosos e de deseño elegante, cunhas vistas únicas. Cuartos impecables e cheos de detalles, para que goces da túa estadía en Compostela con todo tipo de comodidades.

A cadea Carrís Hoteles conta con catro establecementos en Galicia (Santiago, A Coruña, Ferrol, Ourense) e un en Oporto, dirixidos todos eles por mulleres. Unha aposta pola igualdade que se fai visible tamén no seu persoal, feminino na súa maioría. Comprometidas coa causa, Carrís Hoteles quere ser parte do proxecto “Compostela, territorio das mulleres”, para facer de Santiago unha cidade máis amigable para todas.