Hotel Altaïr

Rúa dos Loureiros, 12 / Tel.: 981 554 712
[3/7132]
  • interior Hotel Altaïr

Hoteliño estilo boutique con once cuartos de elevado confort nunha casona rehabilitada. Ubícase nun barrio tranquilo e de sabor local do centro histórico.

Aloxamento singular que se inspira na filosofía oriental Wabi-Sabi, é dicir, na mistura do fresco e o sinxelo (Wabi) coa beleza do pouso do tempo (Sabi). O obxectivo é ofrecer un valor engadido á viaxeira na súa estancia en Santiago, fuxindo das tendencias globalizadas e propoñendo arquitectura popular santiaguesa pero con todas as comodidades que nos proporciona a vida moderna.

Algúns servizos: almorzo gourmet, Wifi gratuito, insonorización, cuartos superiores, garaxe concertado a 100 metros.