Hostal Mapoula

Rúa Entremurallas, 10. 15702 / Tel.: 981580124
[3/7315]

O Mapoula PR é un establecemento familiar situado nun emblemático edificio que goza dunha localización privilexiada ao carón da Praza de Galicia. A ubicación estratéxica, a 5 minutos a pé da Catedral e próxima aos principais servizos de tren, bus e taxi da cidade, caracterízano como un dos establecementos imprescindibles en Santiago.

As súas instalacións foron renovadas recentemente e caracterízanse por unha fusión entre o rústico e o actual. A madeira e a pedra proporcionan a cada habitación unha atmósfera cálida e confortable. Ademáis do aloxamento, as nosas clientas dispoñen de WIFI gratuito, servizo de almorzos e asesoramento personalizado en viaxes e rutas por Galicia.

As mulleres teñen un papel protagonista no establecemento dada a atención dos detalles ás súas necesidades así como a espazos coidados que crean un ambiente cercano e acolledor. Da mistura de materiais nobres cos últimos avances en confort, resulta un espazo único para gozar dunha experiencia inolvidable en Compostela, territorio das mulleres.