Fogar Natural, Apartamentos Turísticos

Rúa de San Pedro, 37 / Tel.: 673 581 685
[3/162]
  • fogar natural

Fogar Natural é un aloxamento diferente pensado e xestionado desde un sentimento común de respecto ao medio ambiente. Detrás deste proxecto estamos tres emprendedoras que tamén consideramos a igualdade de xénero como un valor engadido aos nosos servizos e espazos. Empregamos textil, produtos de hixiene e limpeza ecolóxicos; ademais, o mobiliario foi deseñado buscando darlle unha segunda vida a obxectos de refugallo e pontenciando o uso de materais reciclables.  Desta forma, pola defensa dun consumo responsable e sostible en todos os ámbitos, preocupámonos tamén polas fontes da nosa enerxía, sendo a nosa subministradora a Cooperativa GoiEner, que garante o uso de enerxías renovables.

En Fogar Natural dispoñemos de tres apartamentos completamente equipados con cociña, baño con ducha, conexión Wifi gratuita, calefacción, TV, dúas camas individuais e un confortable sofá-cama para dúas persoas. Gustaríanos dar unha atención á túa medida, polo que se desexas e, sen saír de Fogar Natural, poderás adquirir produtos de alimentación e droguería tanto de Km0 como ecolóxicos e/ou de comercio xusto. Así mesmo, ofrecemos servizo de lavandería ecolóxico, servizo de coidado de crianzas, desconto nun aparcadoiro próximo, asesoramento en consumo responsable e información turística e de lecer para gozar da cidade e de Galicia como unha compostelá ou compostelano máis.

En Fogar Natural coidamos do noso contorno do mesmo xeito que nos gustaría coidar dar persoas que nos visitan, polo que estamos desexando que compartas as túas opinións, ideas e suxestións con nosoutras. Porque para actuar localmente e pensar globalmente precisamos as túas achegas.