Centro de información ás mulleres do Concello de Santiago
Servizo destinado a proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, información en materia de recursos e asesoramento e orientación social, ás mulleres de Santiago de forma individual ou colectiva.
O Centro de Información á Muller concíbese como un servizo específico da Concellaría de Igualdade para realizar actuacións de información, orientación, derivación e coordinación con instancias propias e alleas do Concello de Santiago.
O Centro pretende ser un recurso municipal onde se centralice a información sobre os servizos e recursos da cidade específicos nesta materia.
Conta coas seguintes profesionais: directora, psicóloga, asesora xurídica, traballadora social e administrativa.
Presta os seguintes servizos:
- Servizo de información e asesoramento xurídico.
- Servizo de información, orientación e asesoramento social.
- Servizo de atención psicolóxica.
- Servizo de atención específica a mulleres en situación de violencia de xénero.
Ten as seguintes funcións:
- Difusión e sensibilización cidadá acerca da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
- Funcionamento como canal de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos que tiveran competencias en materia de igualdade.
- Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades.
- Realización de conferencias, xornadas, cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
- Atención específica ás mulleres en situación de violencia de xénero.
- Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
- Calquera outra actividade que se adecúe ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.