Carmen estilistas | Kookai

[3/528]

A tenda compostelá de moda de Carmen Díaz, na Rúa Dr. Teixeiro 20, consolidouse como referencia do sector grazas, fundamentalmente, ao asesoramento personalizado e á coidada selección de marcas e artigos que se poden atopar nela: Kookaï, NafNaf, CDE, Street One… Carmen Díaz Estilista é o resultado de unir a ilusión, o traballo, a dedicación e o estudo no marabilloso mundo da moda de muller. Carmen e todo o seu equipo viven nun proceso de continua evolución e formación, para conseguir que a vosa experiencia en CDE sexa satisfactoria. Un espazo de moda 100% feminino, concebido por mulleres para mulleres cunha máxima que nos acompaña sempre: Vivir a moda con paixón e alegría