Camiños da auga, Lavadoiros

Comenzo da ruta: Rúa das Galeras, antigo lavadoiro do Espiño
[3/7155]

Elas, as lavandeiras, sempre coa cesta da roupa na cabeza, donas do vento, da auga, do xabón, do clareo, do sol e da brancura, mais tamén vivindo na compaña do frío, da néboa, da humidade, da frieira e da reuma. Os herbais a carón do Sar e do Sarela, as fontes e os lavadoiros gardan as súas cantigas, as súas rexoubas e parladoiros. Alí, nas augas, deixaban a sucidade, e no clareo e no secado todo eran brancura e luz. Pasado o ferro, a roupa volvía para a casa fornecedora do traballo, sempre pouco recoñecido e pagado. E da mesma casa, as lavandeiras levaban «a lavadura», os restos dos xantares das mesas farturentas «do pueblo», para así alimentar os animais das casas labregas nunha simbiose que xunguía o rural e o urbano nun mesmo territorio, Compostela, sempre necesitada de limpeza, hixiene e roupa limpa para novos usos. 

Encarna Otero 
Historiadora