Cambalache Santiago

Avenida de Vilagarcía, 4 (Praza de Vigo) / Tel.: 981 553 755
[3/215]
  • Cambalache

En Cambalache Santiago podes gozar dunha comida de elaboración propia, con ingredientes de primeira calidade, nun contorno cálido e acolledor onde teñen cabida todo tipo de familias.

En Cambalache Santiago traballa un equipo moi numerosos onde as mulleres representan o 50% e onde desenvolven multitude de tarefas relacionadas coa dirección e xerencia, coa atención ao público, coa elaboración de comidas, coa comunicación e a publicidade, entre outras. O noso compromiso coa igualdade pasa por recoñecer o traballo de todas elas.

O noso restaurante conta cun espazo privilexiado que permite usos diversos, desde un xantar de traballo ata unha cea familiar, pasando por unha celebración con crianzas. Gustosamente atenderemos as túas necesidades no noso local ou no servizo a domicilio, porque na casa tamén podes comer ou cear con Cambalache.