Café de Altamira

Rua das Ameas 9, 15704 / Tel.: 981558542
[3/6958]

Café de Altamira é un espazo perfecto para gozar dos mellores sabores e ambiente en cada momento do día: deliciosos almorzos para comezar a xornada, aperitivos cando o pida o corpo, saborosas comidas e ceas especiais nun lugar que tamén invita a gozar dunha boa copa ao caer a noite.

A vida bule no Café de Altamira cos ritmos que marcan o veciño mercado e as xentes que transitan as rúas empedradas do corazón de Compostela. O local aséntase nun lugar privilexiado na mesma Praza de Abastos, no que noutro tempo foron os xardíns do conde de Altamira. Hoxe o café ocupa o antigo Pazo de Altamira, no mesmo edificio do hotel ao que dá nome.

Á fronte de Café de Altamira está un equipo de cociña marcado pola xuventude pero de traxectoria sólida, que gusta de combinar distintas influencias co mellor da gastronomía galega. O resultado son saborosos pratos cheos de personalidade, que rebordan tradición galega, cualidade e carácter propio, coma a vaixela de Sargadelos na que son servidos, mais tamén un toque de innovación e experimentación para actualizar os sabores. Lugar perfecto para festexar na mellor compaña os momentos máis especiais.