Armela. Rede de investigación en igualdade, dereitos e Estado social.

Campus Vida s/n. Facultade de Dereito. Universidade de Santiago de Compostela
[3/218]

Armela é unha rede de investigadoras e investigadores en ciencias sociais (Dereito, Ciencia política, Economía) pertencentes a diversas universidades, institucións e organizacións sociais. Esta configuración reticular e multidisciplinar, permítelle a Armela dispor dunha diversidade de perspectivas imprescindibles para poder analizar as complexas transformacións sociais e políticas no contexto de crise económica.  Os dereitos sociais, as políticas públicas de benestar e igualdade e os servizos públicos son o principal ámbito de traballo se ben, existen ámbitos de especialización complementarios das persoas membros do grupo en cuestión de xénero, medio ambiente, lingua, intervención administrativa na economía ou educación.

Entre as temáticas fundamentais que aborda están as seguintes:

  • Formas de xestión dos servizos públicos e procesos de privatización dos mesmos.
  • Os límites constitucionais dos dereitos sociais.
  • As políticas públicas de xénero.
  • Os cambios competenciais e na configuración dos dereitos.
  • A reforma das administracións locais e a reordenación dos servizos sociais.