Ámboa

[3/755]

Fai xa tres décadas que, movidos polo compromiso de achegar ao gran público a xoiaría de autor, abrimos a nosa primeira tenda no corazón de Santiago de Compostela rodeados da influencia dos gremios de ourives tradicionais vinculados á actividade da Catedral e o Camiño de Santiago.

Tratamos de ser un referente a nivel nacional no sector da xoiaría alternativa. Para iso traballamos minuciosamente a nosa selección de produtos para que sexa ampla e coidada, adaptada a todos os estilos e gustos.

O noso compromiso sempre foi ofrecer aos nosos clientes unha experiencia diferenciada e única, como os produtos que ofrecemos. Queremos que a experiencia Ámboa sexa grata, satisfactoria e que cada un poida atopar a súa xoia perfecta.