A Medusa Pub

Salvador Parga, 1 / Tel.: 981 577 395
[3/6900]
  • medusa_pub

A Medusa está situado na cidade vella de Compostela. Un espazo no que podes gozar de especialidades en zumos e cócteles de froitas ou pequenos e deliciosos petiscos, razón pola cal foi un dos establecementos participantes no Santiago(é)tapas 2016, unha iniciativa da cidade que ten como fin a posta en valor da gastronomía galega a través destes pequenos pratos.

A Medusa é ademais un local de referencia para o movemento feminista compostelán, o pasado 7 de agosto de 2016 acolleu o ConaFest Sesión Vermú, un orixinal evento organizado por Lésbicas Creando, Galiza Entende & máis lésbicas autoorganizadas. Un acontecemento autoxestionado aberto para mulleres, con xantar, xogos, cócteles especias, pinchada e moito máis. E por se isto fora pouco, en A Medusa tamén podes gozar de música en directo, na súa programación podemos atopar concertos en acústico de variadas artistas. Lembra, aberto a partir das 19.00!