A Curtidoría

Rúa da Conga, 2-3 baixo. 15704 / Tel.: 981554342
[3/137]

Gozar dunha velada inesquecible nun dos recunchos máis fermosos da cidade vella.

Nunha das casas máis especiais da zona vella atópase A Curtidoría, un restaurante de corte mediterráneo que ten a peculiaridade do emprego do produto galego en todo o seu libro de receitas e onde o arroz é o protagonista.

Coidada ata o último detalle, na Curtidoría esforzámonos para que a túa experiencia con nós sexa parte importante da túa estadía en Santiago de Compostela. Tanto se nos visitas como se vives na cidade, para xantar ou para cear, conquistamos o teu padal coa calidade dos nosos produtos e cun trato amigable, cómodo e distinguido.