A Cuchara do Villar
Unha aposta segura para aquelas que queiran gozar da cociña galega tradicional cun toque contemporáneo e os produtos máis frescos. O lugar perfecto para unha comida entre amigas, familia, traballo...
O restaurante dispón de espazos reservados así como dunha cómoda terraza onde poder gozar de todo o sabor da cidade. A cociña baséase nunha carta moi coidada, onde a frescura dos produtos é a principal protagonista, todo iso cociñado e servido con agarimo e atención.
Á fronte da cociña está un equipo de mulleres dinámico e activo, capaz de conseguir a mellor fusión entre a esencia da cociña tradicional galega con todo tipo de pratos, ben sexa para o económico e completo menú do día (tamén dispoñible para ceas) ou para a carta. En definitiva, unha experiencia única para coñecer e gozar Compostela da forma máis completa e saborosa.