7H Cooperativa Cultural

[3/746]

7H Cooperativa Cultural somos unha entidade feminista sen ánimo lucro dedicada á educación artística, a creación contemporánea e a xestión cultural. Desde o convencemento da capacidade da cultura para xerar vínculos e espazos de diálogo emancipadores, desenvolvemos proxectos orientados a impulsar transformacións estruturais na maneira de atender e entender a participación e a vida en comunidade. Fronte á competitividade, escollemos a cooperación e fronte ás producións individualistas, cremos nos procesos colectivos e horizontais baixo a defensa activa da igualdade, a diversidade, a inclusión e o diálogo co territorio.

Busca @7hcoop en Facebook, Twitter e Instagram