Territorios de intimidade

Avenida do Burgo das Nacións, Santiago de Compostela, 15782
Categoría: Exposiciones

24/10/2018 - 03/02/2019

A exposición Territorios de intimidade trata de seguir poñendo en valor as creadoras galegas que traballaron durante os anos do franquismo e achegar novas perspectivas temáticas desde as que analizar as súas obras. Todas elas romperon os estereotipos temáticos tradicionalmente asociados ás artistas mulleres neses anos, mais tamén innovaron e penetraron en temáticas como a fantasía, o compromiso social ou o relato da súa contorna máis próxima. Profundar nesa contorna, no máis próximo, no circundante, transcribir os obxectos, o silencio que rodea unha intimidade na que sentirse mais recollida e segura fronte ao exterior e a vida é o que retratan algunhas delas.