Mercedes mais eu

Rúa Nova, 22, Santiago de Compostela, 15705
Categoría: Espectáculos

23/04/2020 - 23/04/2020

Mercedes mais eu é produto da colaboración entre a artista Janet Novás e a compositora Mercedes Peón.

Tras varios encontros de improvisación en contextos e espazos moi heteroxéneos, onde as dúas artistas exploran as relacións particulares que existen e que se establecen entre a súa danza e a súa música, xorde a necesidade e o desexo de profundar, entender, organizar ou escribir e dedicarlle un tempo de estudo á devandita relación. Entre instrumentos, recordos, cancións e bailes comezan a aflorar conceptos da bagaxe de ambas e en diferentes estados de latencia. Algúns de gran contido socio-político como a identidade, pertenza, sonoridade, creación colectiva ou xénero, subxacen na maior parte dos materiais, desde os obxectos musicais aos dancísticos ou biográficos. O traballo é ademais unha proposta sutil sobre o común sensible, e unha aposta polo facer/saber artístico.