'Espellos de pedra', Gabriel Tizón

localización
Categoría: Exposiciones

05/03/2018 - 31/03/2018

A través dos retratos e imaxes seleccionadas nesta mostra fotográfica, Gabriel Tizón busca dar conta do cotián como algo excepcional. Un traballo  froito do encontro con dezaoito mulleres -avoas, nais, fillas, traballadoras...- nun contexto natural, que se quere compartir co público en xeral. Un formato e unha localización que buscan chegar a  milleiros de persoas -tanto veciños e veciñas de Compostela, como visitantes- e amosar estas mulleres “ocultas”, "anónimas", que son parte fundamental da nosa sociedade.

Quince fotografías expostas nas seguintes localizacións da cidade de Santiago de Compostela:

Mercado de Abastos, rúa da Virxe da Cerca
Oficina do Mercado de Abastos
Museo do Pobo Galego
Libraría Couceiro, praza de Cervantes
Balconada, Casa do Cabido, praza das Praterías
Praza da Quintana
Ruela de Entrerrúas (Casa dos Irlandeses)
Catedral de Santiago, praza do Obradoiro
Na casa de apeiros, entre o Museo do Pobo Galego e o Centro de Arte Contemporánea (CGAC)
Parque de Bonaval (muro de pedra)