Dona Emilia e Compostela

Rúa do Franco, Santiago de Compostela, 15702
Categoría: Exposiciones

04/03/2021 - 23/04/2021

A exposición 'Dona Emilia e Compostela' estará instalada no Salón Artesoado e na Capela de Fonseca entre o 4 de marzo e o 23 de abril. Esta mostra será comisariada por José Manuel González Herrán, catedrático de Literatura Española da USC e vogal da directiva do Ateneo de Santiago; e por Santiago Díaz Lage, profesor na UNED.

O seu obxectivo principal é amosar a presenza da escritora Emilia Pardo Bazán en Santiago de Compostela (visitas, estadías, relacións, amizades, lembranzas, testemuñas…), así como a pegada da cidade na súa obra (escenario de novelas e contos, crónicas e artigos xornalísticos, ensaios,  etc.).

No Salón Artesoado estará a primeira parte, 'Emilia en Compostela (1866-1879)', que recollerá mostras (documentos, imaxes, libros) da súa presenza, estancias, traballos e relacións persoais en Santiago.

A segunda parte, 'Compostela na obra de Pardo Bazán (1880-1921)', na Capela, reflectirá a presenza da cidade nos seus relatos, ensaios, artigos e crónicas xornalísticas.