acción na praza do obradoiro
  • Campañas
  • Vídeos

Campaña En Negro Contra a Violencia

25 de Novembro de 2016
por: Concellaría de Igualdade. Concello de Santiago

Co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante as violencias machistas e con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o 25 de novembro desenvolveuse conxuntamente a campaña de sensibilización “En negro, contra a violencia”.

mandil-TM
  • Campañas

Material de promoción de Territorio das Mulleres

12 de Xullo de 2016
por: Concellaría de Igualdade. Concello de Santiago.

Para facer visible o proxecto TM nos diferentes establecementos participantes, a Concellaría de Igualdade achega diferentes materiais que se facilitan no momento da sinatura do decálogo de compromisos de boas prácticas.

  • Axendas

Colectivos e asociacións

30 de Maio de 2016
por: Concellería de Igualdade. Concello de Santiago

En Compostela existen diversos colectivos, asociacións e entidades que están traballando activamente a prol da igualdade en diferentes ámbitos: pensamento feminista, empoderamento das mulleres, vindicación da diversidade etc. 

Presentación da diagnose en rolda de prensa, Concello de Santiago
  • Estudios

Diagnose Igualdade Compostela

1 de Xaneiro de 2016
por: Cidadania Sociedade Cooperativa Galega

A diagnose sobre as desigualdades de xénero en Compostela pretende ser o marco sobre o que asentar a actuación municipal no desenvolvemento das políticas de igualdade. O estudo está formado por unha parte cuantitativa de análise da información e outra cualitativa, sustentada nun proceso participativo.

Compostela-en-negro-2015
  • Campañas
  • Vídeos

Compostela en negro

25 de Novembro de 2015
por: Uqui Permui

Unha acción colectiva en contra da violencia machista que contou coa participación de máis de 300 establecementos comerciais e diferentes axentes sociais de Compostela.  Conseguiu tinguir de negro a cidade durante a semana do 19 ao 25 de novembro, en sinal de loito e dor por todas as mulleres que sofren violencia.