Premio Xohana Torres

8 de Marzo de 2017
por: Concellería de Igualdade. Concello de Santiago

Xohana Torres, poeta, novelista e dramaturga, naceu en Santiago de Compostela no ano 1931. Despois dunha vida de compromiso coa cultura e o papel social das mulleres e unha brillante carreira literaria, ingresou na Real Academia Galega en 2001.

En 1992, a Concellaría da Muller do Concello de Santiago e a Universidades de Santiago de Compostela instituiron un premio anual de investigación ou ensaio – humanístico, social, científico – que levou o nome da insigne escritora e académica, para contribuír ao coñecemento das mulleres que, individual ou colectivamente, en tempos pasados ou na actualidade, destacasen nalgún ámbito en Galicia, achegando a súa experiencia ao conxunto da sociedade. O premio foi interrompido en 2012 e recuperado en 2016.