Manual de identidade visual TM

20 de Decembro de 2018
por: TM

Compostela, Territorio das Mulleres constitúe unha intervención singular na cidade, que busca multiplicar as iniciativas en materia de igualdade e maximizar o seu impacto social. É a expresión dunha política, cunha perspectiva comunitaria, que quere contaxiar o desexo de transformar Santiago, partindo das experiencias e da vida cotiá.
Un proxecto pioneiro de confluencias transversais que ademais sitúa o turismo como unha área estratéxica e innovadora para converter a Santiago nunha cidade women friendly, o que pode axudar ademais
á consolidación da capital galega como destino turístico.

A marca constrúese a partir dunha forma simple e primaria como é o ovalo; xirándoo de xeito simétrico constrúe unha forma similar a unha ‘vieira’.

No bloque lateral podedes descargar o manual e a marca.