Guía de linguaxe inclusiva

7 de Setembro de 2016
por: Concellaría de Igualdade. Concello de Santiago

A Concellaría de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres de Santiago elaboraron unha guía de linguaxe inclusiva para uso na administración local. O documento, redactado polas técnicas do CIM recolle unha serie de propostas relacionadas co uso da linguaxe no marco do desenvolvemento profesional.

O Estudio de comunicación visual Patricia Joga fixo o deseño dunha alfombriña que recolle algunhas das expresións máis empregadas e que se repartirá entre todo o persoal técnico e político do Concello de Santiago co fin de ter á man fórmulas da linguaxe máis recomendadas desde o punto de vista da igualdade de xénero.

Porque unha linguaxe non sexista é aquela que non oculta, non subordina, non infravalora e non exclúe.