Os corpos, as disidencias e o desexo centran o Alguén que respira! 2022

17 de Marzo de 2022

Corpos, disidencias, desexo é o lema baixo o que se presenta este ano Alguén que respira!, o festival de poesía que acolle Compostela entre o 18 e o 21 de marzo, cando se celebra o Día Mundial da Poesía. O Teatro Principal é o escenario central do programa, polo que desfilarán creadoras como Paula Luís, Elizabeth Duval, Teresa Moure, Ana Romaní, María Castrejón, Andrea Nunes ou Blanca Haddad, entre outros. Deseñamos aquí, para vós, un posible itinerario con nome de muller pola súa programación:

Venres 18, ás 20h, Tres poetas para a eternidade, con Agur Meabe, Callís Cabrera e Romaní. O festival inaugúrase, como é tradición no seu programa, cun recital onde conflúen distintas linguas ibéricas, este ano con tres voces escintilantes das literaturas en vasco, catalán e galego, entre as que se atopa a e Miren Agur Meabe, recente Premio Nacional de Literatura. Un programa que nos conduce por tres poéticas consagradas nos últimos anos e nos abre as portas para o percorrido dos corpos en disidencia.

Miren Agur Meabe (Lekeitio, 1962) é unha das voces máis persoais da poesía en éuscaro, autora de libros como Nola gorde errautsa kolkoan (Como gardar cinsa no peito) que lle valeu o Premio nacional de Poesía no ano 2020. Tamén publicou, ademais de varios volumes de relatos, a novela Kristalezko begi bat (Un ollo de cristal), de grande acollida por parte da crítica e dos lectores, traducida ao castelán, catalán, inglés, italiano e árabe. Recibiu o Premio da Crítica en 2001 e 2011 polos poemarios Azalaren kodea (O código da pel) e Bitsa eskuetan (Espuma nas mans), así como o Premio euskadi de literatura Xuvenil en tres ocasións por Itsaslabarreko etxea (A casa do acantilado), Urtebete
itsasargian (Un ano no faro) e Errepidea (A estrada). Traduciu do francés ao éuscaro a novela La femme aux pies nus da escritora ruandesa Scholastique Mukasonga, así como unha antoloxía poética da iraní Forugh Farrojzad.

María Callíns Cabrera (Girona, 1983) é a autora de tres libros libros de poemas que a converteron nunha figura imprescindible da poesía catalana contemporánea: Jonàs (Premio Amadeu Oller para novos poetas inéditos, 2004), La matinada clara (2009) e La ciutat cansada (Premio Carles Riba de poesía, 2016). É rapsoda dos grupos el pèsol feréstec e Vladivostok, membro da asociación cultural indian Runners e coordinadora do fanzine Higueras retóricas Cor Pelut. imparte cursos sobre poetas catalás contemporáneas en distintas institucións e codirixe, desde el 2021, o festival Barcelona Poesia.

Ana Romaní (Noia, 1962) é unha das máis importantes activistas da cultura galega, á que lle deu unha escintilante obra poética, proxectos de ousada vangarda e o diario Cultural, un fito da Radio galega, e do periodismo radiofónico galego, que dirixiu entre 1990 e 2018. É autora dos libros Palabra de Mar (1987), Das ultimas mareas (1994), Arden (1998), Love me tender. 24 Pezas mínimas para unha caixa de música (2005), Estremas (2010) e A desvértebra (2020). A partir deste último título creou con Chus Silva o proxecto Audiografías da desvértebra para o laboratorio de indagacións Poéticas (liPo). Creou e participou en distintos proxectos híbridos, entre eles O outro
extremo do paraíso e Lob*s (1998) con Antón lopo, Estalactitas (2002) con Anxos Romeo e lupe gómez, Catro poetas suicidas. Intervención poetica contra a levidade (2002) e A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos (2003) con Anxo Quintela, e as pezas Unha delas (arredor de Anne Sexton) (2015) ou 2%. Un recital para esquecer (2019) xunto a Chus Silva.

Sábado 19, ás 19h, Corpos en disidencia (1), con Luís Antonio de Villena, María Castrejón, Carlos Callón, Daniel Asorey e Paula Luís. Destacamos a enérxica voz de María Castrejón, unha artista que utiliza a poesía e a performance para afondar, de maneira incisiva, nas cuestións do xénero, e a Paula Luís, autora de Dendrita, un libro de singularidade radical na literatura galega contemporánea.

María Cstrejón (Madrid, 1974) é unha artista na que a poesía e a performance se fundiron para afondar, de maneira incisiva, nas cuestións do xénero. entre outros títulos, publicou o ensaio … Que me estoy muriendo de agua. Guía de narrativa lésbica española, os poemarios Volveré mucho más tarde de las doce, La inutilidad de los miércoles ou Niñas e a novela gráfica Annemarie. Como performer desenvolveu os traballos Un café por un sueño, Cómete mis palabras ou Envuelve tu carne en una obra de arte.

Paula Luís González (Vigo, 1981) publicou en 2020 Dendrita, un libro sen parangón na literatura galega contemporánea, composto por poemas que hipnotizan, estremecen e acarexan nunha única luzada. A forte personalidade da autora reflectíase nun texto sorprendente pola súa concepción e o insólito da proposta. Paula luís vive en Freixeiro, unha parroquia de Santa Comba. estudou procesamento forestal e medicina
chinesa. Traballa no sector agrícola.

Domingo 20, ás 12h, no ambigú do Teatro Principal, Cafés de reflexión con Elizabeth Duvall e Daniela Ferrández, presentadas por Nee Barros. A entrada é libre ata completar aforo.

Elizabeth Duval (Alcalá de Henares, 2000) licenciouse en Filosofía pola universidad París i Panteón-Sorbona e en Filoloxía francesa pola Sorbona nova. Forma parte do Consello de Redacción de CTXT e é columnista en Público. deuse a coñecer como escritora co libro de memoria literaria Reina (PRh- Caballo de Troya, 2020) e o poemario Excepción (letraversal, 2020). Posteriormente, publicou o ensaio Después de lo trans (la Caja Books, 2021) e a novela Madrid será la tumba (lengua de Trapo, 2021).

Daniela Fernández chegou a galicia no ano 2011 cunha bolsa Séneca e quedou a facer o mestrado en historia Contemporánera. Nada no País Valencià, é galega de adopción dende hai unha década. estudou a licenciatura de historia e o máster de historia Contemporánea. durante a realización da súa tese sobre clientelismo político, sae do armario como muller trans e entra no activismo a través da asociación Amizando, que presidiu dous anos. Traballou en diversos proxectos de investigación co grupo histagra e en 2018, grazas a unha bolsa da deputación de Coruña, fixo unha investigación sobre feminismo e partidos políticos na provincia. Tras doutorarse, comezou a indagar na historia e a Memoria lgBTi de galicia. neste sentido, os seus intereses actuais céntranse na investigación histórica sobre a disidencia sexual alén da homosexualidade masculina. Con ese obxectivo, desenvolve un proxecto propio a través dun contrato posdoutoral na uSC que a levou de estadía ao Centro de estudos Sociais da universidade de Coimbra.

E ás 19h, Corpos en disidencia (2), con Luís Muñoz, Elizabeth Duval, Teresa Moure e Xavier Queipo.
Teresa Moure asegura que o seu nome é o nome dun proxecto en curso, un work in progress. Polo tanto, engade, “calquera dato biográfico (humano) asociado a esa etiqueta resulta necessariamente falso.

Luns 21, ás 12h, no ambigú do Teatro Principal, Cafés de reflexión con Brigitte Vasallo e Paulo Filgueiras, presentadas por Sara Guerrero. A entrada é libre ata completar aforo.

Brigitte Vasallo naceu en Barcelona (1973) nunha familia galega migrada. Sen estudos universitarios, traballou como limpadora, camareira, mariñeira… A súa obra céntrase en investigar as formas de alteridade, con especial interese na diferenza sexual e a construción nacional. Foi traducida a varios idiomas e dá clases como invitada en universidades que, como ela subliña, “non me aceptarían como alumna”.

Pola tarde, xornada intensa. O Día Mundial da Poesía coincide en luns e Antón Reixa, poeta ao que o festival lle encargou este ano o manifesto, utiliza este recurso como eixo dun texto incendiario no que subliña: “Non odias os calendario, odias as relacións de produción / que ignoran a intelixencia da tenrura”.

Despois da lectura do manifesto, ás 18h05h, Atravesei a cerca, con Miguel Anxo Fernán Vello, Susana Sánchez Aríns, Marga Tojo e Claudio Pato. Un dos programas xa clásicos no festival e que máis éxito acadou en edicións anteriores é Atravesei a cerca. O festival propón descubrir espazos pouco coñecidos do Teatro Principal a través da voz de distintos poetas, nun percorrido non exento de misterio. Nesta quinta edición, destacamos as voces de Susana Sánchez Aríns e de Marga Tojo.

Susana Sánchez Aríns naceu en Vilagarcía (1974) pero criouse no Foxo, unha parroquia do Concello da estrada. Aínda que escribía desde nena, non publicou até pasados os trinta anos. Para ela, a “a identidade, sempre em construção e decididamente mulher, galega, da aldeia”. A súa obra máis popular é seique (Através editora 2015/19), pero outros libros lograron convertela nunha referencia da poesía dos últimos anos, como [de]construçom (2009) ao SuperUlex (2021). Feminista declarada, exerce ativamente como crítica na Plataforma de Crítica literária A Sega e nas páxinas do Sermos, en Nós Diario. dá clases nunha escola de Cuntis.

Marga Tojo (nacida en Compostela nun ano que rexeita fixar) irrompeu na poesía con Últimos Bruídos (edicións Positivas, 2016) un libro de palabra combativa que estoura de novo en Arder, o seu título máis recente. desde hai anos, desenvolve o seu traballo no campo do xornalismo, da comunicación e da escrita. Realizou traballo de campo sociolóxico en proxectos de senfogarismo. Tamén publicou o ensaio divulgativo Maternidade fóra de catálogo (Xerais, 2018), ademais de diversos libros colectivos de corte xornalístico.

É ás 20h, Corpos en disidencia (3), con Antom Fortes, Blanca Haddad e Andrea Nunes Brións. O programa de Corpos en disidencia péchase con dúas voces de muller combativas e fisicamente desafiantes, a venezolana Blanca Haddad –unha artista coa lingua carregada de pólvora altamente explosiva– e Andrea Nunes Brións, poeta galega que nos últimos anos se consagrou como unha referencia da cultura cis.

Blanca Hadad (Caracas, 1972) é unha das figuras máis representativas do underground latinoamericano. A súa obra indisciplinar abrangue a pintura, a poesía e o vídeo arte, expresións nas que mestura o contido autobiográfico con testemuños de carácter social. Traballou de arteterapeuta e educadora en poboacións migrantes e refuxiados. dirixe a compañía de escena experimental neS e forma parte da banda punk venezolana lXS ROnFiR. Ademais de darlle ao prelo tres libros de poemas, colabora como articulista e poeta para diferentes revistas e periódicos como The New York Times.

Andrea Nunes Brión (Marín, 1984) vinculou desde os seus comezos a actividade poé tica ao activismo feminista. Corrente de esquecemento (2007) foi o primeiro dos seus libros, editado por Aturuxo, (Federació n de Asociació ns lgBTQ). No seu segundo libro Todas as mulleres que fun (2011) constrúe un contradiscurso antipatriarcal que se insire nunha rede de pensamento crítico. Xunto a María Rosendo, publicou Diáspora do amor balea, co que gañaron o Xii premio de poesí a eróticaillas Sisargas en 2017. Coordina, xunto con Anxela lema, o volume: Tecermos redes, crearmos comunidade, Estudos sobre a obra de María Reimondez (Xerais, 2020). Pertence ao colectivo As Candongas do Quirombo (https://vimeo.com/20281643) e á plataforma de crítica literaria feminista A Sega. (http://www.asega-critica.net/).

Como conseguir as entradas
Todas actividades teñen carácter gratuíto ata esgotar aforo. As entradas sairán o venres 18, cando poderán facerse as reservas para as catro xornadas de programa na web compostelacultura.gal, no despacho de billetes da Zona C e no propio Teatro Principal unha hora antes dos recitais.

O festival Alguén que respira! é unha iniciativa da Concellería de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela para apoiar a poesía en todas as súas expresións. O concello conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O equipo de realización fórmano Antón Lopo na dirección; Cecilia Carballido na produción; Manuel Martínez no deseño gráfico; Baltasar Patiño na iluminación e escenografía; Alexandre Fernández Peón en comunicación, Iris Cochón na coordinación literaria e Anxos Sumai na revisión lingüística do volume que cada ano se publica con textos e biografías de cada poeta que participa no festival.