Compostela en negro. Premio Comunicación

4 de Novembro de 2016
por: Concellaría de Igualdade. Concello de Santiago

Os premios de Comunicación e Marketing de Galicia, organizados polo Cluster de Comunicación, concederon o galardón ao Mellor Deseño Gráfico á campaña desenvolvida polo Concello de Santiago para loitar contra a violencia machista "Compostela en Negro" da deseñadora Uqui Permui.

Case cincocentas candidaturas optaban aos premios da Comunicación e do Márketing Galego creados, por primeira vez este ano, polo Clúster da Comunicación Gráfica. Uns premios que naceron coa vontade de dar visibilidade á creatividade e o recoñecemento aos/as profesionais do deseño e da publicidade.