Como participar na campaña "Compostela en negro"?

9 de Novembro de 2018
por: TM

PROPOSTAS PARA PARTICIPAR NO MARCO DA CAMPAÑA #CompostelaEnNegro #GaliciaEnNegro

1] Se xa participaches en anteriores edicións, reutiliza os materiais para vestir de negro o teu escaparate, espazo púbico, posto do mercado, restaurante, hotel, comercio, biblioteca, libraría, froitaría, tenda de roupa... Se non tes material poderás recollelo na Casa das Mulleres Xohana Torres ou ben a través do reparto que está previsto para o tecido comercial. Esta acción desenvolverase conxuntamente do 19 ao 25 de novembro porque queremos 'Compostela libre de violencias machistas'.

2] Implícate como veciña, habitante ou estudante de Santiago de Compostela na visibilización e denuncia das violencias machistas. Viste a túa ventá, balcón, a fachada do teu edifcio... de negro. Prende roupa negra en sinal de dor, de rexeitamento e para sinalar os espazos libres de violencias machistas, porque queremos 'Mulleres sempre libres e vivas'.

3] Habilitaranse varios PUNTOS DE INFORMACIÓN E DISTRIBUCIÓN DE MATERIAIS na cidade do 19 ao 23 de novembro, que atenderá persoal especializado e voluntariado da USC, en horario de mañá e tarde: de 11:00 a 15:00 e de 18:00 a 21:00:

-Casa das Mulleres Xohana Torres (Fronte ao IES de Sar)
-Casa do Matadoiro (Praza do Matadoiro)
-Centro de Información ás Mulleres-CIM (Edifcio de Servizos Sociais en Galeras)

4] Como ser un altofalante de #CompostelaEnNegro?

a] Amosa o teu apoio a esta acción social contra as violencias machistas e sinala a adhesión do teu establecemento, entidade... á campaña a través deste formulario (imprescindible para estar no mapa de #GaliciaEnNegro): https://goo.gl/forms/BwkgNWMwSR2ow0Jg1

b] Convida ao comercio veciño a sumarse á campaña, explica a acción na túa comunidade veciñal, no teu barrio, na túa entidade, na túa facultade, na túa biblioteca...

c] Participa a través da web http://ennegrocontraasviolencias.gal nos foros habilitados de Difusión e Ideas.

d] Búscate no mapa de #GaliciaEnNegro #CompostelaEnNegro http://ennegrocontraasviolencias.gal/ e, se non estás, escribe para incluirte ao correo compostela25n@gmail.com

e] Posiciónate contra as violencias machistas nas redes sociais, comparte a túa denuncia, foto, escaparate, balcón...

  • Facebook:

En negro contra as violencias - @ennegrocontraasviolencias - https://www.facebook.com/ennegrocontraasviolencias/
Compostela, Territorio das Mulleres https://www.facebook.com/territoriodasmulleres/?fref=ts

  • Twitter:

En negro contra as violencias @galiciaennegro - https://twitter.com/galiciaennegro

Compostela Territorio das Mulleres @CompostelaTM - https://twitter.com/CompostelaTM

  • Instagram:

@ennegrocontraaviolencia - https://www.instagram.com/ennegrocontraaviolencia
@compostelatm - https://instagram.com/compostelatm

Emprega os #hastags, retuitéanos nas RR.SS... #CompostelaEnNegro #GaliciaEnNegro #ContraAsViolencias #EnNegroContraAsViolencias