- Campaigns
A campaña “Rompe o silencio” lembra ás mulleres vítimas de violencia machista que poden denunciar e á cidadanía que debe auxiliar
O Concello de Santiago de Compostela pon en marcha a campaña “Rompe o silencio” para previr a violencia contra as mulleres no contexto do confinamento debido á crise sanitaria do COVID-19.
Guía de actuación para mulleres que estean sufrindo violencia de xénero en situación de permanencia domiciliaria derivada do estado de alarma por COVID-19 do Ministerio de Igualdade
O Ministerio de Igualdade pón a disposición da cidadanía a "Guía de actuación para mujeres que estén sufriendo violencia de género en situación de permanencia domiciliaria derivada del estado de alarma por COVID-19".
Os servizos destinados á protección das vítimas de violencia de xénero adáptanse ás circunstancias da crise do coronavirus
O Ministerio de Igualdade está a implementar un Plan de Continxencia contra a violencia de xénero debido á crise do COVID-19, que supuxo o confinamento domiciliario da cidadanía
Atención teléfonica do Centro de Información ás Mulleres
Durante estes días de confinamento por mor da crise do coronavirus, o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Santiago de Compostela permanecerá "aberto" para calquera aclaración, dúbida ou consulta coas profesionais (psicóloga, traballadora social e asesora xurídica):
Santiago Teijelo gaña o Premio Xohana Torres en creación audiovisual por "Filucha de Taramancos"
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu este luns o acto de entrega do Premio Xohana Torres, que na súa modalidade de creación audiovisual recaeu en Santiago Teijelo Vázquez, polo seu traballo "Filucha de Taramancos".
A IV edición do Mufest proxectará 18 filmes realizados por mulleres do 10 ao 14 de marzo
O Mufest. Festival de Cine Feito por Mulleres, alcanza a súa cuarta edición despois de varios anos sen celebrarse.
- Agendas
"Artellando feminismo" concentra máis de quince accións ao redor do 8M, Día Internacional das Mulleres
Concertos, poesía, conferencias, cine e conversas centran as accións encamiñadas a reivindicar e festexar o Día Internacional das Mulleres, pero sobre todo a concienciar contra a violencia machista desde as idades máis temperás.
Volven os obradoiros do rural para mulleres "Desveladas"
"Desveladas" é o novo ciclo de obradoiros para mulleres do rural que dá continuidade ao exitoso programa de empoderamento e busca da igualdade que se desenvolve desde 2016 nos centros socioculturais das parroquias de Compostela.
O busto de Concepción Arenal mira agora as ventás do antigo cárcere de Raxoi
Hai hoxe 200 anos, un 31 de xaneiro de 1820, nacía en Ferrol a escritora e activista feminista Concepción Arenal.
- Agendas
Novas propostas ao redor das mulleres dentro de "Á escena! Temporada de artes escénicas 2020"
Dentro da nova temporada de artes escénicas para o 2020 da Concellaría de Acción Cultural hai un extenso territorio das mulleres onde o público poderá atopar novas propostas de creadoras e intérpretes e temáticas que abordan problemáticas sociais de máxima actualidade como a opresión exercida sob
Catro axentes da Policía Local incorporaranse na primavera ao VioGén
A Policía Local de Santiago de Compostela comezou en decembro a formación específica, da man da Policía Nacional, co obxectivo de completala no primeiro trimestre do ano e incorporarse de modo "efectivo" ao sistema VioGén (Sistema de Seguimento Integral nos Casos de Violencia de Xénero).
Levando a contraria, obradoiro de contrapublicidade feminista
Paralelamente ao MUFEST - IV Festival de Cine feito por Mulleres organízase un curso de iniciación á creación audiovisual que co título Levando a contraria está pensado para un primeiro contacto coa realización de curtametraxes de
Vídeo resumo dos obradoiros "As que fomos" e Risoterapia do programa Rural en Igualdade
Peza audiovisual resultado dos obradoiros de apoderamento e risoterapia que chegaron ás mulleres das parroquias de Laraño, Marantes, Busto, Bornais e Enfesta co programa RURAL EN IGUALDADE.
Manifesto 25 de novembro, Día internacional contra a violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu na mañá do 25 de novembro a lectura dun manifesto con motivo da celebración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Alumnado dos centros educativos de Compostela, tamén en contra das violencias machistas
As e os protagonistas da concentración e lectura do manifesto institucional do 25N, Día internacional contra a violencia machista, foron sen dúbida os nenos e as nenas e a rapazada dos centros educativos composteláns que se animaron a expoñer traballos escritos e pezas audiovisuais ao redor desta
- Campaigns
O Concello de Santiago súmase un ano máis "En negro contra as violencias" xunto a 137 concellos e tres deputacións
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Igualdade, Noa Díaz, participaron en Lugo no acto de sinatura do convenio de colaboración entre concellos "En negro contra as violencias", dentro dos actos con motivo do 25N, Día internacional contra a violencia de xénero.
Proxección das pezas audiovisuais resultado dos obradoiros para mulleres do rural
O Centro Cívico de Enfesta acollerá mañá xoves 21 ás 20:00 a proxección das pezas audiovisuais resultado dos talleres de apoderamento e de risoterapia que se imparten nas parroquias compostelás desde outubro, e que forman parte do programa Rural en Igualdade.
- Campaigns
“Vacina” contra as violencias machistas a poucos días do 25N
A Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago pon en marcha a campaña Compostela en negro, de cara ao 25N, para sensibilizar e denunciar a problemática das violencias machistas, que este ano se centra no colectivo empresarial e no estudantado.
- Campaigns
Quentando motores para o 25N: Compostela en Negro volve denunciar as violencias machistas
A poucos días do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, desde a Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago faise un chamamento á participación de toda a cidadanía na campaña Compostela en Negro, que un ano máis volverá tinguir a cidade de negr
"Se mercas sexo non vales nada": chamamento á cidadanía no Día europeo contra a trata
O Concello de Santiago súmase ao Día Europeo contra a trata cunha carpa informativa para concienciar e sensibilizar á cidadanía contra esta lacra.
Os obradoiros da risa chegan neste outono a 11 parroquias do rural
Os obradoiros da risa arrincan de novo o próximo luns 7 de outubro, para chegar a once parroquias: Villestro, Bornais, Laraño, Marantes, Busto, Grixoa, Enfesta, Lamascal, Lavacolla, Aríns, e Carballal. En cada centro hai programadas tres sesións de risoterapia dunha hora e trinta minutos.
O Concello repudia o triplo asasinato de Valga e denuncia as mensaxes que "contribúen a xustificar a violencia de xénero"
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato machista de tres mulleres este luns en Valga (Pontevedra).
Os nenos e nenas dos campamentos do rural realizaron actividades de sensibilización sobre a igualdade no Obradoiro
Os nenos e nenas participantes nas actividades de verán dos centros socioculturais do rural realizaron unha saída á cidade na que visitaron o Obradoiro onde realizaron diversos xogos e actividades de sensibilización sobre a igualdade, implicando á cidadanía que ata alí se achegaba.
'Concerto TM pola Igualdade'
A Praza 8 de Marzo acollerá o día 29 de xullo a partir das 21.00 o concerto gratuíto TM Pola Igualdade co que se pretende dar a máxima visibilidade á reivindicación da igualdade nun momento de máxima afluencia en Santiago.
A Praza do Toural contará cun Punto Lila de Información para a prevención de violencias sexuais durante as Festas do Apóstolo
Complementarias ao programa para as Festas do Apóstolo deste ano, este ano haberá tres accións de Igualdade organizadas desde a Concellaría de Turismo e a Concellaría de Igualdade, que se desenvolverán durante os días máis intensos de xullo, tal e como anunciaron hoxe os concelleiros de Igualdade
O Concello de Santiago súmase á conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBI
O Concello de Santiago sumouse o pasado 28 de xuño á conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBI.
Vinte proxectos impulsados por mulleres protagonizaron a I Feira de Emprendedoras de Compostela
O edificio CIEDUS (Finca Vista Alegre) acolleu hoxe a I Feira de Emprendedoras de Compostela, organizada conxuntamente pola Concellaría de Desenvolvemento Económico e o programa Woman Emprende da USC.
Publicadas as novas bases para acceder ás axudas para programas a favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo LGTBQI e de prevención e loita contra as violencias machistas
Hoxe venres 31 de maio publicáronse no BOP as bases e a convocatoria de subvencións para o fomento de programas e actividades a favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo LG
O Concello volve habilitar un Punto Lila de información e atención sobre violencias machistas durante as festas
As mulleres que participen nas festas da Ascensión contarán cun Punto Lila de información e atención sobre as violencias sexuais situado na praza do Toural. Esta iniciativa foi posta en marcha por vez primeira durante as festas do Apóstolo do ano pasado.
Novo programa de conciliación no rural compostelán para o mes de xullo
As familias do rural contan, un ano máis, cun programa lúdico-educativo executado por persoal formado.
O Concello organiza con Woman Emprende a I edición da Feira de Emprendedoras de Compostela
A Concellaría de Desenvolvemento Económico organiza co programa Woman Emprende da Universidade de Santiago de Compostela a I Feira de Emprendedoras de Compostela, dedicada ás mulleres que emprenden no sector artesanal.
O Concello de Santiago tramita a súa adhesión ao sistema VioGén contra a violencia machista
O Concello de Santiago vén de iniciar os trámites para a súa adhesión, a través da Policía Local, ao sistema VioGén. Este foi un dos puntos tratados na Xunta Local de Seguridade celebrada no Concello de Santiago o 8 de maio.
Exposición fotográfica "As que fomos"
No marco das accións impulsadas polo Concello de Santiago que teñen como obxectivo o apoderamento das mulleres do rural, organizouse unha exposición fotográfica que leva o nome de "As que fomos".
Actividades do Club C! vinculadas á programación de artes escénicas con perspectiva de xénero
O Club C! programa diversas actividades vinculadas á programación de artes escénicas do Auditorio de Galicia.
"As que fomos"
Neste vídeo resúmense as sesións de empoderamento para mulleres do rural compostelán dentro do programa "Rural en igualdade", coa participación de mulleres de Verdía, Nemenzo, Marantes, Figueiras, A Gracia, Bando, A Peregrina, A Rocha, Marrozos, Fecha, Cesar e San Xulián.
O Concello de Santiago impulsa unha campaña de sensibilización sobre as violencias machistas nos autobuses urbanos
O Concello de Santiago vén de iniciar unha campaña de sensibilización nos autobuses urbanos de Compostela que ten como obxectivo facer do transporte público un espazo libre de violencias machistas. Trátase dunha acción desenvolvida no marco do 8M, Día Internacional das Mulleres.
II Encontro de Mulleres do Rural, o sábado 29 de marzo
O venres 29 de marzo terá lugar no Centro Cívico de Busto o II Encontro de Mulleres do Rural, enmarcado dentro das accións que organiza o Concello polo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.
Publicadas as bases dunha nova edición do Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisuall
O Boletín Oficial da Provincia deste 13 de marzo publicou as bases e a convocatoria do Premio de Ensaio e Creación Audiovisual Xohana Torres para o ano 2019.
Comezan as conversas na Casa Xohana Torres coa mesa redonda "Pensar o amor no século XXI"
A Casa das Mulleres Xohana Torres acolle este xoves 7 de marzo, a partir das 19:30 horas, a primeira das cinco conversas que terán lugar no espazo co gallo do Día Internacional das Mulleres.
Punto de encontro feminista, campaña de corresponsabilidade e conversas na Xohana Torres protagonizan as accións do 8-M
O Concello de Santiago aposta de novo por conmemorar de maneira activa o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres cunha programación completa e diversa que se estenderá durante todo o mes de marzo.
Santiago celebra o nacemento de Rosalía con música, visitas guiadas e actividades infantís
Santiago vai celebrar o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cun amplo programa de actividades no que participan varias concellerías, coa colaboración da asociación veciñal do Ensanche, Raigame, e da Fundación Rosalía de Castro.
O Obradoiro acolle unha exposición itinerante sobre as violencias machistas
A exposición itinerante sobre as violencias machistas instalada no Obradoiro ata o 26 de novembro ten como principal obxectivo ir máis alá da campaña En negro contra as violencias machistas, amosando a realidade das situacións de violencia contra as mulleres que se dan na nosa sociedade.
Campaña para reclamar traballo digno no fogar e nos coidados
A concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo pón en marcha a campaña "Traballo digno, no fogar e nos coidados", a fin de visibilizar e investigar sobre a realidade de discriminación e vulneración na que se atopan as mulleres que traballan en emprego neste sector.
Como participar na campaña "Compostela en negro"?
PROPOSTAS PARA PARTICIPAR NO MARCO DA CAMPAÑA #CompostelaEnNegro #GaliciaEnNegro
O Centro Cívico das Fontiñas acolle as xornadas sobre delitos contra a integridade sexual no marco das accións do 25N
O Concello de Santiago e o grupo de Cidadás Inquietas de Compostela organizan unhas xornadas técnicas sobre delitos contra a integridade sexual, ao abeiro da campaña "En negro contra as violencias".
Nova quenda de obradoiros de empoderamento das mulleres do rural
A seis parroquias de Compostela chegarán este curso os novos obradoiros de empoderamento para as mulleres do rural, xunto cos obradoiros da risa.
Continúa aberto ata o 31 de decembro o prazo para presentar traballos ao premio Xohana Torres
Continúa aberto o prazo para presentar traballos ao Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual.
As mulleres dedican case 6 horas máis ao día que os homes en coidado de menores, dependentes e traballo doméstico
Son as principais conclusións dun estudo sobre os horarios e usos do tempo en Compostela, elaborado pola consultora Retnova entre setembro e outubro do 2017. A edila de Igualdade, Marta Lois, deu conta hoxe do mesmo nunha rolda de prensa, onde estivo acompañada de Rosa Torrado e María Vilar.
- Agendas
"Combina, móvete, empodérate!": a Semana da Mobilidade máis feminista
Este venres comezan as actividades da Semana da Mobilidade, baixo o lema "Combina, móvete, empodérate!". A programación está deseñada con dous obxectivos: fomentar o uso dos modos brandos de transporte e repensar a mobilidade dende a perspectiva de xénero.
As escritoras Marta Pessarrodona e Kerstin Hensel conversarán este martes na Casa das Mulleres
O vindeiro martes 18 de setembro ás 20:00 h na Casa das Mulleres haberá un encontro coas poetas Kerstin Hensel e Marta Pessarrodona baixo o lema "Literatura e lugar".
Quince novos concellos amosan o seu interese pola campaña "En negro contra as violencias"
O CERSIA acolleu esta mañá unha xuntanza de coordinación e preparación da cuarta edición da campaña En negro contra as violencias, na que participaron representantes de 60 concellos e das deputacións da Coruña e Lugo, da man das súas deputadas en materia de Igualdade.
O Apóstolo das Mulleres
As festas do Apóstolo 2018 reuniron preto de 80.000 persoas en Santiago de Compostela.
Nova convocatoria de axudas en materia de igualdade: 30.000 euros e tres liñas de acción
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, presentou as bases dunha nova convocatoria de subvencións para o fomento de programas a prol da igualdade entre homes e mulleres, entre as persoas do colectivo LGTBIQ e de prevención e loita contra as violencias machistas.
Punto Lila de información e atención sobre violencias machistas
Compostela e as festas do Apóstolo contan por primeira vez cun Punto Lila de información e acompañamento sobre violencias sexuais, a disposición de todas as mulleres que se acheguen á cidade ou participen nos festexos.
Festa Territorio das Mulleres 2018
Rapariga Dj, Batuko Tabanka e MounQup foron as protagonistas do concerto do Territorio das Mulleres. A cita, enmarcada dentro das festas do Apóstolo, encheu a Praza 8 de Marzo por terceiro ano consecutivo.
Compostela, capital da diversidade sexual e de xénero
O Concello de Santiago sumouse á celebración do Orgullo 2018 con dous días de actividades lúdicas e de sensibilización na praza 8 de Marzo e no Matadoiro.
Do empoderamento das mulleres do rural: un encontro para o cambio
Preto de 60 mulleres das parroquias de Busto, Aríns, Lavacolla, Laraño e Santa Cristina de Fecha participaron durante os meses de marzo, abril e maio nos Obradoiros de empoderamento no rural das Concellarías de Igualdade e de Medio Rural do Concello de Santiago.
Fallo do II Premio Xohana Torres na modalidade audiovisual e publicación das bases da terceira edición
O xurado do II Premio Xohana Torres na súa edición de 2017 acordou, por unanimidade, outorgar o premio na modalidade de creación audiovisual á obra "Concha Castroviejo. Arelas de Liberdade", realizado por Aurora Marco e Pablo Cestendo. No acto tamén se presentaron as bases da terceira edición de 2018.
Historia do movemento feminista galego. Debate feminista na Casa das Mulleres Xohana Torres
Consulta o vídeo integro dunha das sesións do ciclo de debates feministas organizados na Casa das Mulleres Xohana Torres: "Historia do movemento feminista galego".
Das mulleres xitanas para todas as mulleres
A Fundación Secretariado Xitano e Agareso en colaboración con Obra Social "laCaixa" e a Concellería de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago poñen en marcha a campaña "Das mulleres xitanas a todas as mulleres: loitemos por cambiar os tempos", que busca visibilizar as mulleres xitanas no noso municipio.
Sesión ELAS BRAVAS! no programa Didácticos Audiovisuais
Nesta nova edición, a través da cuarta sesión prevista ELAS BRAVAS!, celebrarase a presenza feminina no audiovisual, tanto a nivel de creación (directoras, produtoras, actrices...) como a nivel de perspectiva de xénero nas historias.
Programa de actividades de conmemoración do 8 de marzo Día Internacional das Mulleres
Consulta o programa completo de actividades de conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres e participa.
Formación en igualdade “A calidade da xestión pública municipal”
A Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo levou a cabo a acción formativa “A calidade da xestión pública municipal: enfoques e estratexias para a igualdade”.
Este Nadal, rompe cos estereotipos!
A Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo pon en marcha una campaña de sensibilización para combater os estereotipos sexistas no xogo.
O Comando Igualdade estará en Compostela
O Comando Igualdade estará en Compostela o martes 21 de novembro: ás 12:45h no IES Rosalía de Castro e ás 17h no CSC das Fontiñas.
Chega a campaña “En negro contra as violencias”
Chega a terceira edición de Compostela en Negro, que dende o ano pasado leva por nome Galicia en Negro, co gallo de integrar ás tres deputacións e aos máis de setenta concellos adheridos que tamén se vestirán de loito a semana do 25 de novembro.
A campaña “En negro contra as violencias” no Parlamento Europeo
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou o pasado 7 de novembro no Parlamento Europeo a campaña “Galicia en negro contra as violencias machistas”.
Participa en #CompostelaEnNegro, súmate, apoia!
Se ti tamén queres apoiar a acción e aparecer no mapa de #CompostelaEnNegro podes facelo! Escríbenos a compostela25n@gmail.com e a patir do día 16 de novembro poderás pasar a recoller os materiais polos puntos habilitados na cidade.
- Agendas
A Casa das Mulleres “Xohana Torres” abre as súas portas
O xoves 9 de novembro de 2017 abriu ás súas portas a Casa das Mulleres “Xohana Torres”, un espazo de empoderamento e transformación social no que posibilitar a expresión da veciñanza e dos colectivos feministas e de mulleres na construción dunha sociedade máis igualitaria.
Doce entidades contarán con axudas municipais para o fomento da igualdade
A Xunta de Goberno aprobou conceder as subvencións a entidades que realicen actividades a favor da igualdade entre homes e mulleres, e de prevención e loita contra a violencia machista.
A Corporación aproba o Plan de Igualdade 2017-2020
O Pleno do Concello de Santiago vén de aprobar o IV Plan de Igualdade 2017-2020, o cal contempla liñas e áreas de actuación para a implementar políticas que empoderen e visibilicen as mulleres.
Participación e sororidade para conmemorar o 8 de marzo
Dende a Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela, un ano máis, conmemorouse o Día Internacional das Mulleres, tratando de adquirir unha dimensión global, moito máis aló dun só día, e apostando pola transversalidade e a participación cidadá.
Obradoiro "Explorando a Sexualidade dos Homes"
O obradoiro "Explorando a Sexualidade dos Homes", dirixido ao público masculino e segundo deste tipo que organiza a Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, ten como obxectivo xerar un espazo de confianza no que identificar aspectos da sexualidade e as relacións dende unha perspectiva feminista.
Premio Xohana Torres
Corpos exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure. da autora María Reimóndez foi o traballo premiado no I Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual. O fallo do xurado veu da man da presentación das bases da nova edición deste galardón orientado á recuperación da memoria histórica das mulleres de Santiago de Compostela.
Declaración Institucional polo 8 de marzo
A praza do Obradoiro acolleu, o 8 de marzo de 2017, a lectura dunha declaración institucional a cargo da concelleira de Igualdade, Marta Lois. No acto participaron concelleiros e concelleiras da Corporación, persoal municipal, medios de comunicación e veciños e veciñas.
Conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres
O Concello de Santiago de Compostela conmemora o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, con multitude de actividades que comezarán a finais de febreiro e se estenderán todo o mes marzal.
“Compostela, Territorio das Mulleres” en MORE Congress
A Concellería de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela e o seu proxecto “Compostela, Territorio das Mulleres” foi unha das iniciativas convidadas á participar no III Congreso Internacional sobre arquitectura e xénero MORE: Expanding architecture from a gender-based perspective que se celebrará na cidade de Florencia (Italia) os próximos días 26, 27 e 28 de xaneiro de 2017.
O proxecto TM finalista en BID
O proxecto Compostela, Territorio das Mulleres foi finalista no apartado de deseño transversal, na 5ª Bienal Iberoamericana de Deseño, formando parte tamén da exposición que foi inaugurada o pasado decembro, e que permanece aberta ata o 29 de xaneiro de 2017, na Central de Diseño de Matadero Madrid.
Premio de ensaio e creación audiovisual Xohana Torres
Este premio encádrase nas medidas que leva a cabo a Concellaría de Igualdade para a consecución dos seus obxectivos básicos, entre os que se atopan: potenciar a presenza e o recoñecemento social das mulleres en todos os ámbitos da sociedade; facer visible as súas diversas achegas ao longo da historia; promover a igualdade efectiva de mulleres e homes e erradicar as diferentes formas de discriminación e desigualdade que viven a día de hoxe as mulleres.
Vermú Feminista no Mercado da Estrela
O sábado 17 de decembro na praza 8 de Marzo, Compostela, Territorio das Mulleres participou no 5º Festival Aniversario do Mercado da Estrela dun xeito ben especial, coa degustación dos “Vermús Territorio das Mulleres”.
Foro IV Plan de Igualdade
A Concellaría de Igualdade celebrou na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), un Foro dirixido aos colectivos e entidades de mulleres participantes no deseño do IV Plan de Igualdade de Xénero do Concello de Santiago.
Obradoiro "Novas masculinidades"
O innovador taller "Novas masculinidades" traballará a igualdade cos homes
- Campaigns
- Videos
Campaña En Negro Contra a Violencia
Co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante as violencias machistas e con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o 25 de novembro desenvolveuse conxuntamente a campaña de sensibilización “En negro, contra a violencia”.
Compostela en negro. Premio Comunicación
Os premios de Comunicación e Marketing de Galicia, organizados polo Cluster de Comunicación, concederon o galardón ao Mellor Deseño Gráfico á campaña desenvolvida polo Concello de Santiago para loitar contra a violencia machista "Compostela en Negro"
IV Certame de fotografía Ruth Matilda Anderson
Tanto alumnado como ex alumnado da USC e persoal docente e investigador e de administración e servizos son os destinatarios da cuarta edición do Certame de Fotografía Ruth Matilda Anderson, unha convocatoria promovida pola Universidade de Santiago no marco do convenio de colaboración en materia de igualdade de xénero subscrito co Concello de Santiago.
Recicla o Xénero
Nova edición do proxecto Recicla o Xénero, para a sensibilización en igualdade de oportunidades e loita contra a violencia de xénero no ámbito educativo que se desenvolverá ao longo do curso escolar 2016-2017.
Subvencións de Igualdade para asociacións
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo presentou as bases e a convocatoria de subvencións para o fomento de actividades en prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e de prevención e loita contra a violencia de xénero.
Compostela TM no I Congreso de Diseño Gráfico de San Sebastian
Compostela, Territorio das Mulleres e Compostela en Negro foron dous dos proxectos presentados na comunicación La marca de un territorio feminista no primeiro Congreso de Diseño Gráfico celebrado en San Sebastian os pasados días 18, 19 e 20 de xullo de 2016.
Festa Territorio das Mulleres
A Concellaría de Igualdade sumouse ás festas do Apóstolo. Por primeira vez na cidade puidemos gozar dunha xornada reivindicativa nas festas grandes de Compostela: a Festa TM!
Compostela en Negro no 7 Congreso Internacional de Tipografía de Valencia
Compostela en Negro, foi un dos proxectos incluídos na presentación da comunicación La letra feminista en la calle no 7 Congreso Internacional de Tipografía: Tipografía Pública celebrado en Valencia os pasados días 1,2 e 3 de xullo de 2016.
Presentación de TM
Así presentabamos o día 7 de Xuño o proxecto Territorio das mulleres co apoio dos sectores turísticos e sociais de Compostela… Así puxemos a primeira pedra.
Campaña 8 de Marzo. Compostela, Territorio das Mulleres
A campaña Compostela, Territorio das Mulleres, impulsada pola Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo consta de varios proxectos que se veñen desenvolvendo desde o mes de febreiro de 2016 en Santiago de Compostela e cuxos principais obxectivos son: visibilizar as achegas das mulleres en diferentes ámbitos e implicar á cidadanía na construción dun modelo de cidade máis amigable coas mulleres.
Programa “Vida Propia”
Obradoiros para o empoderamento das mulleres do rural de Santiago de Compostela que se desenvolveron, xunto a varias actuacións teatrais, nos Centros Socioculturais de Enfesta, Villestro e Bornais ao longo dos meses de marzo e abril de 2016.
Literarias
Unha acción colectiva para visibilizar nas librarías de Compostela a produción literaria de mulleres en diferentes ámbitos e formatos.
Recicla o xénero
Proxecto de sensibilización en igualdade de oportunidades que combinou o teatro (As Fillas Bravas) con obradoiros nas aulas e unha unidade didáctica dispoñible para o persoal docente.