A perspectiva de xénero é fundamental para o desenvolvemento da cidade. Pensar o transporte, os espazos públicos, o uso dos hoteis e dos establecementos tendo en conta as necesidades prácticas e estratéxicas das mulleres é vantaxoso para toda a poboación.
Se tes un hotel, un restaurante, un bar ou un local que consideres que debe estar neste mapa:
1. Le este documento de Boas Prácticas
2. Se estás de acordo, cubre o formulario, ao que podes acceder dende cada recadro (hotel, restaurante…)
3. Poñerémonos en contacto contigo para asinar o compromiso de colaboración
Se queres achegar outra información como servizos, institucións ou mulleres destacadas que consideres que deben formar parte do mapa envíanos a información aquí.
Últimos materiais
incorporados ao arquivo
Guía-resumo que dá conta da acción municipal de goberno encamiñada á promoción de políticas feministas en Santiago de Compostela ao longo do mandato 2015-2019.
Compostela, Territorio das Mulleres constitúe unha intervención singular na cidade, que busca multiplicar as iniciativas en materia de igualdade e maximizar o seu impacto social.
Estudo elaborado polo Observatorio de Igualdade de Xénero no que se analizan as violencias machistas na adolescencia temperá.
Desde o ano 1992 ata o 2011, o Concello de Santiago convocou de forma ininterrompida o premio Xohana Torres, unha convocatoria anual que serviu para premiar moitos traballos de investigación ou ensaio (humanísticos, social, científico) sobre a historia e o papel das mulleres no ámbito de Galicia.