Jauría - El Pavón Teatro Kamikaze

Avenida do Burgo das Nacións, Santiago de Compostela, 15782
Categoría: Teatro

12/03/2020 - 12/03/2020

Dramaturxia a partir das transcricións do xuízo realizado á Manada, construída integramente con fragmentos das declaracións de acusados e denunciante publicadas en varios medios de comunicación. Un xuízo no que a denunciante é obrigada a dar máis detalles da súa intimidade persoal que os denunciados.

Jauría recibiu o XVI Premio Cultura Contra la Violencia de Género 2019 outorgado polo Ministerio de Igualdad pola súa contribución na erradicación da violencia contra as mulleres.