'Concerto TM pola Igualdade'

localización
Categoría: Música

29/07/2019 - 29/07/2019

Santiago de Compostela, cidade igualitaria, conta cunha sección propia nas festas grandes da cidade, as 'Festas do Apóstolo'.
 
Coa inclusión desta sección específica no programa das Festas preténdese darlle a máxima visibilidade a reivindicación da igualdade nun momento especialmente significativo para a cidade, que conta neses día cunha numerosa afluencia.

Programa:
21 hrs. Lúa Mosquetera [poesía + reguetón]
21.30 hrs. DJ Russinha [ritmos negros e electrónica]
22.30 hrs. Concerto de Papaya [pop]
23.30 hrs. DJ Russinha [ritmos negros e electrónica]
Organiza: Turismo de Santiago en coordinación coa Concellaría de Igualdade.Esta acción conta co financiamento da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia e de Abanca.
 
Ambientación luminotécnica na praza 8 de marzo
Datas: venres 19 a mércores 31 de xullo
Horario: 21.00 a 03.00 hrs.
Lugar: praza 8 de marzo
 
Decoración con luz sobre a praza 8 de marzo que amosa unha cidade comprometida coa igualdade, nun recuncho importante da mesma como é o acceso á cidade histórica polo Camiño Francés, e no marco das 'Festas do Apóstolo'. Asemade esta intervención adornará o “Concerto TM pola Igualdade” que se celebrará na praza o luns 29 de xullo.

Organiza: Turismo de Santiago en coordinación coa Concellaría de Igualdade. Esta acción conta co financiamento da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia e de Abanca.