Alén dos Xéneros. Prácticas artísticas feministas en Galicia

Avenida do Burgo das Nacións, Santiago de Compostela, 15782
Categoría: Exposiciones

06/07/2017 - 12/11/2017

Este proxecto, realizado en coprodución co MARCO de Vigo e comisariado por Anxela Caramés, achega unha revisión das prácticas artísticas feministas en Galicia, a través dunha selección de obras de medio centenar de creadoras e creadores e que —con excepción das obras realizadas a finais dos setenta por Roberto González Fernández (Monforte de Lemos, 1948), pioneiro á hora de dar visibilidade ao colectivo homosexual no Estado Español— foron producidas dende os anos noventa ata a actualidade.