Levando a contraria, obradoiro de contrapublicidade feminista

9 de Enero de 2020
por: TM

Paralelamente ao MUFEST - IV Festival de Cine feito por Mulleres organízase un curso de iniciación á creación audiovisual que co título Levando a contraria está pensado para un primeiro contacto coa realización de curtametraxes de contrapublicidade feminista.

Dirixido a: rapazas e rapaces de todas as idades

Imparte: Renata Otero Ramallal (Formadora, artista multidisciplinar e investigadora de xénero. Traballa o tema da identidade dende hai máis de 30 anos)

Data e lugar: 11,12,13 de marzo (de 16:30 a 18:30) na Casa das Mulleres Xohana Torres

Participación: 30 persoas por orde de inscrición. O prazo ábrese este luns 13 de xaneiro.

Inscricións no correo info@mufest.org indicando:

- Nome e apelidos
- Enderezo electrónico
- Ano de nacemento
- Teléfono