Liberto - Marelas Producións

Rúa Nova, 22, Santiago de Compostela, 15705
Category: Teatro

02/04/2020 - 03/04/2020

Cando nace Liberto a vida de Ada frea en seco. Dende unha sala de espera vivirá a experiencia máis determinante da súa vida. Ada verá como a súa vida da varios xiros copernicanos. Liberto é un canto á vida, teatro con música en directo que mestura realidade e ficción e que interpela directamente ao público. Unha reivindicación do imperfecto, do humano. Un texto e unha proposta formal asentada nas atmosferas sonoras que falan da vida, do sensorial e instintivo.