'Emilia. Mujeres que se atreven (Parte 1)', Teatro del Barrio

Rúa Nova, 22, Santiago de Compostela, 15705
Category: Teatro

10/03/2018 - 10/03/2018

Emilia. Mujeres que se atreven amosa a loita dunha muller, Emilia Pardo Bazán que, cara a fin do século XIX, porfía en ser ela mesma, conducirse de acordo cos seus desexos e vontade de escribir e participar na vida pública. Emilia tratou de ingresar na Real Academia de la Lengua. Sen éxito. A súa insistencia valeulle a reprobación de moitos dos seus contemporáneos, mesmo despois de ter acadado a admiración dalgúns outros. Por riba das polémicas, en Emilia sobresae a figura dunha muller forte, intelixente e extraordinariamente divertida.

Comeza a triloxía ‘Mujeres que se atreven” no Teatro del Barrio. Unha tríada de mulleres relevantes que loitaron porque a sociedade as recoñecese como iguais.